SHOWCOOKING DA 53ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

con No hay comentarios

 

 

Sábado, día 30 de abril
13.00 h

Obradoiro de cociña*.

Imparte: Carlos Maldonado, cociñeiro gañador da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef”.

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h

Entrega de videos de adegas da D.O. Ribeiro

Recollerán as adegas e haberá un visionado do video.

Os videos serán emitidos no programa Cousas de Comer de Telemiño 2015-2016

19.30 h

Obradoiro de cociña*.

Imparte: Héctor López, cociñeiro do Restaurante España, de Lugo, Grupo Nove, e xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns”.

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

 

Domingo, día 1 de maio
13.00 h

Obradoiro de Cociña*.

Imparte: Alberto Lareo, cociñeiro do Restaurante Manso, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h

Obradoiro de cociña infantil

Imparte: Covadonga García, cociñeira finalista da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef Junior”.

18.45 h

Presentación do Ciclo de F.P. “Aceites de oliva e Viño”

Imparte: Persoal docente do I.E.S. Ribeiro

19.30 h

Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

 

* Obradoiro con entrada.

(Para participar nas actividades de pago é imprescindible mercar as entradas na Oficina de Turismo (988471275 ou turismo@ribadavia.es) ou no stand de venta de tickets)

Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.