Skip to content Skip to footer

CONCURSO DE CARTEIS PARA A 63ª EDICIÓN

Concederase un único premio dotado de 1.000 euros á obra elixida por un xurado profesional

Ribadavia, 18 de decembro de 2025. A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 63ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 1 ao 3 de maio de 2026. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.

A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e á súa gran posta de largo, aludindo á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que se trata dun evento onde as adegas ofrecen aos visitantes viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar deseñadores e artistas profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 22 de xaneiro de 2026. Con todas as obras presentadas farase unha preselección polo público nunha exposición na Casa da Cultura de Ribadavia, que poderá votar na dende o 29 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Desta quenda sairá unha mostra de 20 obras para a final. A selección do gañador do concurso farase na segunda/terceira semana de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

BASES PARA PARTICIPAR – EN GALEGO

BASES PARA PARTICIPAR – EN CASTELÁN

Leave a comment