A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO CONVOCA O CONCURSO DE CARTEIS PARA A SÚA 56ª EDICIÓN

con No hay comentarios

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 56ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2019. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.

A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 14 de febreiro de 2019. A selección do gañador do concurso farase na semana do 18 ao 22 de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

Pode descargar as bases nos seguintes enlaces:

BASES CONCURSO CARTEIS 56ª FVR (Galego)

BASES CONCURSO CARTELES 56ª FVR (Español)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *