Onte levouse a cabo unha reunión informativa coas adegas e colleiteiros para comunicarlles a apertura do prazo de inscrición para participar na vindeira Feira do Viño do Ribeiro, a cal terá lugar os días 3, 4 e 5 de maio de 2019.
Dende hoxe, día 25 de xaneiro de 2019, ata as 14.30 h. do día 7 de febreiro de 2019, estará aberto o prazo para que as adegas e colleiteiros inscritos no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro podan anotarse para participar na 56ª Feira do Viño do Ribeiro.
Aquelas adegas e colleiteiros que estén interesadas poden inscribirse a través do teléfono 988477100 (preguntar por Iván) ou do correo electrónico ivan.aedl@ribadavia.es, dende onde se lle facilitará toda a información.