A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), convocou unha reunión para as adegas e colleiteiros da D. O. Ribeiro.
Na reunión aproveitouse para informar das actividades e novidades do próximo evento, así como de abrir o proceso de inscrición.
Os interesados en participar terán de prazo para anotarse ata as 14.30 h do venres día 10 de febreiro de 2017, data improrrogable.
Poderanse anotar de forma presencial no Concello de Ribadavia, ou mediante o correo electrónico (ivan.aedl@ribadavia.es) ou no teléfono 988477100.