As actuacións previstas na FVR serán:
SÁBADO 29 ABRIL 2017
SESIÓN VIÑO APERITIVO:
- Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Roger de Flor”
SESIÓN NOCTURNA:
- Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “En Mala Hora”
DOMINGO 30 ABRIL 2017
SESIÓN VIÑO APERITIVO:
- Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Marem Ladson”
SESIÓN NOCTURNA:
- Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “The Teta´s Van”
LUNS 1 MAIO 2017
SESIÓN VIÑO APERITIVO:
- Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Gonzalo Arca”
As actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, veñen a cubrir unha demanda, tanto de público asistente en edicións anteriores como dos propios adegueiros e colleiteiros participantes, que complementará a oferta vitivinícola, cultural e gastronómica do recinto.
Dende a organización apóstase por grupos e artistas locais, de rexistros variados e con música para todo o mundo, ambientando distintamente segundo as zonas horarias do día.
O escenario das actuacións estará situado na zona das Food Trucks, na que haberá cinco postos de comida máis unha pulpeira, na que se ofertará unha gastronomía variada e moi apetecible para todos os públicos.