A convocatoria do concurso está dirixida a creativos e artistas profesionais, que deberán presentar obras inéditas orientadas no tema “Movimiento Ribeiro”, que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Viños de calidade, viños de paisaxe e territorio”.
O prazo para presentar os orixinais (en formato dixital ou físico) finaliza o día 3 de marzo, estando previsto o fallo do xurado e presentación da obra gañadora para a semana do 6 ao 10 de marzo.
Concederase un único premio de 1.500 € ao deseño gañador que outorgará o xurado. Este xurado estará composto por profesionais do mundo das artes e do deseño, estando ademais representados os organizadores: o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia.
BASES CONCURSO CARTEL FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO – Galego
BASES CONCURSO CARTEL FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO – Español