LOLÍN LIRA POUSA, PREGOEIRA DA 54ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

con No hay comentarios

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense),

A organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) xa leva tempo traballando nas diferentes tarefas e así, nunha reunión mantida nos últimos días, acordaron que a pregoeira da seguinte edición sexa Lolín Lira Pousa, “ribadaviense de pro”, como ela mesmo se define.

Lolín, ademais de licenciada en Historia, docente en varios institutos durante moitos anos e colaboradora en diferentes medios de comunicación, é unha gran historiadora local do Ribeiro, e gran coñecedora da historia de todas as edicións da Feira do Viño do Ribeiro.