PRESENTACIÓN DO CARTEL DA 53ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

con No hay comentarios

cartel2016A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 53ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), ven de presentar publicamente o seu cartel e algunhas das principais actividades.

No acto, que contou coa presenza de:

José Ignacio Gómez Pérez – Alcalde do Concello de Ribadavia

Felicísimo Pereira Freijido – Presidente do CRDO Ribeiro

María López Touza – Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Ribadavia

Douse a coñecer o cartel gañador do concurso da presente edición da Feira do Viño do Ribeiro, que foi realizado por Alfredo León, de Navarra.

Tamén se presentaron dúas das actividades centrais do evento, como son as Actividades Enogastronómicas ou Showcookings, que se levan a cabo dende a edición do 2012, e como novidade, RibeiroRisas, unha gala de humor e viño, na que se contará con tres monologuistas e unha presentadora. O público interesado en asistir a este evento poderá obter a súa entrada, a un prezo especial de 5€, presentando a copa ou o ticket de puntos (consumido ou sen consumir) que previamente poderá conseguir no recinto feiral.