PRESENTACIÓN DO PREGOEIRO DA 56ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

con No hay comentarios

 

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro), que este ano alcanza a súa 56ª edición, acordaron que o pregoeiro da seguinte edición sexa Manuel García Montero.

Manuel García Montero, nado en Cenlle (1937), estivo vencellado durante toda a súa vida á comarca do Ribeiro, combinando o traballo familiar nas viñas coa súa profesión de mestre. Foi alcalde do Concello de Cenlle no período comprendido entre os anos 1969 e 2011, así como presidente da Cooperativa Vitivinícola Viña Costeira durante máis de vinte anos e dende 2015 ostenta a súa presidencia de honra.

Tamén destacou por ser un dos promotores activos da fundación da Cooperativa Virxe do Cristal de Ribadavia e pola súa labor na reconversión da viticultura no Ribeiro, centrándose en recuperar variedades históricas e autóctonas como a Loureira, Godello, Albariño e Treixadura así como pola introdución de tecnoloxía tanto no traballo na viña e na adega.

Mentres tanto a organización continúa a traballar nas actividades e novidades da próxima edición, que se darán a coñecer en canto se pechen definitivamente.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *