PRESENTACIÓN WEB DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

con No hay comentarios

_DSF3767Hoxe tivo lugar a presentación da páxina web da Feira do Viño do Ribeiro.

O evento, que este ano alcanza a súa 53ª edición, avanza deste xeito no seu obxectivo de evolucionar e medrar cada vez máis.

Mediante esta ferramenta preténdese difundir e dar a coñecer todas as actividades da FVR e a todos os participantes (Adegas e Colleiteiros) que formarán parte do evento.

Tamén se poderá consultar todo o relativo á información turística: cómo chegar, onde comer, onde aloxarse, lugares a visitar, etc.

Agardamos que este novo espazo axude a dinamizar e facer máis cómoda a participación e visita de todo o mundo que se achegue ata Ribadavia para gozar da Feira do Viño do Ribeiro.