Pensando en ofrecerlle a todo o público interesado, un servizo cómodo que lle facilite a asistencia á Feira do Viño do Ribeiro, a organización chegou a un acordo con Autos González para establecer varios roteiros para a xornada do sábado.
Este servizo permitirá que a xente empregue o transporte colectivo, esquecéndose dos problemas de aparcamento e sen outras preocupacións que non sexan pasalo ben e divertirse.
Deste xeito, partindo dende as tres cidades máis próximas a Ribadavia, como son Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, saíran os autobuses na mañá do sábado día 30 de abril con regreso, partindo de Ribadavia, pola noite.
Os prezos dos billetes de ida e volta son os seguintes: Santiago de Compostela (12 euros), Vigo (10 euros) e Ourense (6 euros).
A reserva de prazas poderase levar a cabo ata o xoves día 28 de abril mediante envío dun correo electrónico a: info@viajescompostela.com ou mediante reserva na páxina web www.viajescompostela.com, e pago mediante transferencia á conta que lle indicarán dende Viaxes Compostela (tlf. de información 988213043).
En poucos días confirmaremos os puntos e o horario de saída dende cada cidade.