Conferencias da Feira do Viño do Ribeiro sobre a cultura do viño en Galicia
A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanzou a súa 55ª edición, tivo lugar os pasados días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2018, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as conferencias científicas e relatorios cos que se pretende poñer en valor o legado histórico do viño do Ribeiro tanto en Galicia como a nivel internacional. Terán lugar a semana previa á Feira do Viño do Ribeiro en diferentes puntos singulares e importantes na historia vitivinícola do Ribeiro e de Galicia.
Estes relatorios, enmarcados dentro da Feira do Viño do Ribeiro, coa colaboura da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia, teñen como fin dar a coñecer o mundo da viña e do viño en Galicia ao longo dos tempos. Un mundo en permante evolución sobre todo na comarca do Ribeiro, dende o século I até o XXI , dous mil anos producindo viño. Dende a terra da Castela ate os viños de Ribadavia, Ourense e Milmanda, o Ribeiro, unha comarca histórica fornecedora de viños de gran prestixio en todo o mundo durante séculos.
LUNS DIA 29 DE ABRIL. – Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia.
→ “Cando o viño canta nas fontes de Clio”.
Pablo Sánchez Ferro. Director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
19:00h. RELATORIO
20:00 – 20:15 h Preguntas ao ponente.
20:30 – 21:30 h Visita ao conxunto histórico de Ribadavia “As chaves do viño”
MARTES DÍA 30 DE ABRIL. – Lugar: Centro de F.P. IES do Ribeiro – San Paio – Ribadavia
→ «O viño e o Camiño de Santiago».
Francisco Singul Lorenzo. Doutor en Historia da Arte. Xefe da Área de Cultura Xacobea.
19:00h. RELATORIO
20:00-20:15 h Preguntas ao ponente
20:15 – 20:30 h Visita á lugar da Casa da Coenga – Granxa do Cabido da catedral de Santiago de Compostela.
MÉRCORES DÍA 1 DE MAIO. – Lugar: Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia – Leiro
→«Viño tinto ou viño branco. As entradas de viño nas granxas monacais».
Isolina Rionegro Fariña. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela
19:00h. RELATORIO
20:00-20:15 h Preguntas á ponente
20:15 – 20:45 h Visita ao mosteiro de San Clodio.
XOVES DÍA 2 DE MAIO. – Lugar: Pazos Hermos – Cenlle. Casa de Turismo Rural.
→«Lagares de pedra. Tradición vitivinícola en Galicia». Manuel García Valdeiras. Arqueologo. Servizo Xeral de Patrimonio. Xerente de Anthropos Arqueoloxía.
19:00h. RELATORIO
20:00-20:15 h Preguntas á ponente
20:15 – 20:45 h Visita ao lagar de Peitieiros-Cima de Aldea
INSCRICIÓN: OFICINA DE TURISMO DE RIBADAVIA. TFNO. 988471275 – TURISMO@RIBADAVIA.ES
PRAZAS LIMITADAS: 30 PAX (POR ORDE DE INSCRICIÓN)
PREZO: DE BALDE