¿Queres descubrir a esencia da 63ª Feira do Viño do Ribeiro dun xeito diferente?
O sábado 2 e domingo 3 de maio, deixamos o coche na casa e subimos a este clásico sobre rodas.
Percorre as nosas paisaxes, sente a brisa do Ribeiro e déixate levar polas mellores vistas da nosa terra. Un planazo para gozar en familia, con amigos ou en parella!
Saída: Fronte ao Castelo dos Sarmiento (Ribadavia).
Horarios: 11:00h | 12:30h | 17:30h | 19:00h. Prezo: Só 5€.
Onde mercar a túa entrada? Podes facelo na Oficina de Turismo de Ribadavia (Tel. 988 471 275) ou directamente ao subir ao autobús.
Non quedes sen a túa praza! Vive a feira dende outra perspectiva.

